Blog plural sobre a galeguización de LibreOffice (LibO) e OpenOffice.org (OOo.org).

Hai que saber que, en esencia, son o mesmo:

- StarOffice/StarSuite StarDivision, 1998 > Sun, 1999-2010. Desde 2010 Oracle Open Office e sostido por ela. De pago e aberta.
- OpenOffice.org 2000. Sostida por Sun, 2000 >Oracle, 2010 > Fundación Apache, 2011. De balde e aberta.
- NeoOffice 2003. Sostida por usuarios de MacOS, Apple. De balde, aberta
- BrOffice 2004. Sostida pola ONG brasileira ONG BrOffice.org a partir de 2006. De balde e aberta. A partir de 2011 intégrase en LibreOffice
- Go-oo 2007. Sostida por Novell. De balde e aberta. Desde 2010 intégrase en LibreOffice.
- OxygenOffice Professional 2007. Sostida pola súa comunidade. De balde e aberta.
- Lotus Symphony 2007. Sostida por IBM. De balde, privativa.
- OOO4Kids Sostida por EducOOo 2008. De balde e aberta. EducOOo mantén tamén un proxecto paralelo dirixido a adultos: OOoLight
- LibreOffice 2010. Sostida pola comunidade, baixo unha fundación independente e meritocrática, a TDF. De balde, aberta e libre.

No futuro, veremos estrelas que se apagan

Este blog está baixo licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0

Aloxado pola Asociación Proxecto Trasno (www.trasno.net)

Últimos artigos

  • LibreOffice 3.4.4, nova edición

    9 de novembro do 2011, por Méixome

    Anuncio oficial: The document Foundation anuncia LibreOffice 3.4.4 LibreOffice estará presente durante a Conferencia Mundial de Software Libre en Zaragoza Internet, 9 de novembro de 2011 - A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 3.4.4, unha versión mellorada da premiada suite de oficina libre para Windows, Mac e Linux. LibreOffice recentemente gañou o premio InfoWorld BOSSIE 2011 como o mellor software open source, e a Open World Forum Experiment Award como Software Máis-Popular. (...)

  • LibreOffice 3.4.2 preparada para a empresa

    31 de xullo do 2011, por Méixome

    LibreOffice 3.4.2 para usuarios de empresa Grazas ao traballo de 300 colaboradores, a nova LibreOffice vén con melloras substanciais A Internet, agosto 1, 2011 – The Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 3.4.2, a terceira versión da familia 3.4, que se dirixe tanto a individuos particulares coma a empresas. LibreOffice 3.4.2 arranxa a maioría dos máis importantes defectos identificados polos nosos usuarios na versión anterior, e pode ser despregada para as necesidades de produción da (...)

  • Banda deseñada: Vidas paralelas en galego

    31 de xullo do 2011, por Méixome

    Unha historieta para promoción de LibreOffice e Firefox Software Libre para xente pequena http://docente2punto0.blogspot.com/... É un libro destinado a rapazas e rapaces de 5 a 12 anos, propostas de actividades sobre ferramentas, software e contidos educativos libres. A idea é escribir capítulos curtos e con capturas de pantalla onde cada capítulo brinde un “paso a paso” dunha proposta, sen necesidade de definicións ou de amosar “a esencia” do programa. Como o libro está en plena elaboración, (...)

  • LibreOffice 3.4.1 fornece novas funcionalidades estábeis para cada usuario

    1 de xullo do 2011, por Méixome

    A Internet, 1 de xullo, 2011 - The Document Foundation anuncia a publicación da LibreOffice 3.4.1, a segunda versión estábel da nova familia 3.4, enfocada a todos os individuos e empresas. LibreOffice 3.4.1 soluciona varios defectos que afectan á versión anterior, e pode ser implantada con seguranza en produción por parte da maioría de usuarios. LibreOffice 3.4.1 pódese descargar desde a seguinte páxina do equipo galego http://gl.libreoffice.org/descarga/ ou desde a xeral (en inglés) (...)

  • Un problema coa interface (solucionado)

    29 de xuño do 2011, por Méixome

    OOo.org 3.2 LibO 3.4.1 Este defecto (bug) xa está recoñecido e será tratado en breve, xa que afecta por un lado ao propio funcionamento do formulario (funcións de input) como á localización de varios idiomas. Adicionalmente procedimos a cambiar a tradución da cadea "Case macht" que tiña "Dif. maiús. de minús." por "Coincidir MAIÚS-minús" Co fin de que os campos do formulario non se desprazasen tanto á dereita e tamén a evitar o uso de puntos, barras e outros signos que puidesen provocar o (...)

0 | 5 | 10 | 15 | 20 | 25 | 30 | 35 | 40 | ...