OOo.org 3.2 LibO 3.4.1 Este defecto (bug) xa está recoñecido e será tratado en breve, xa que afecta por un lado ao propio funcionamento do formulario (funcións de input) como á localización de varios idiomas. Adicionalmente procedimos a cambiar a tradución da cadea "Case macht" que tiña "Dif. maiús. de minús." por "Coincidir MAIÚS-minús" Co fin de que os campos do formulario non se desprazasen tanto á dereita e tamén a evitar o uso de puntos, barras e outros signos que puidesen provocar o (...)
Entrada do web > Coordinación
Coordinación
Último engadido : 29 de xuño do 2011.
Nesta sección: Novas e información de interese para os membros da comunidade.
Responsable:Antón Méixome
Artigos desta sección
-
Un problema coa interface (solucionado)
29 de xuño do 2011, por -
Afinacións de tradución 3.4
16 de maio do 2011, porA pouco xa de saír a edición 3.4 é oportuno comentar algo do traballo que se foi facendo na localización desta edición. Mantemento Por suposto, o obxectivo básico foi manter a tradución da interface de usuario ao 100% como en versións anteriores pero ademais fomos profundizando na homoxeneización e asentamento da terminoloxía e o estilo de tradución. Os últimos meses na vida de LibreOffice están sendo tremendamente dinámicos, as melloras e medidas de construción da ferramenta e a súa comunidade (...)
-
Xa funcionando a réplica galega de LibreOffice
7 de maio do 2011, porNome de servidor de réplica: http://mirror.galpon.org/tdf e ftp://mirror.galpon.org/tdf Segundo me informa o responsable, Miguel Bouzada como presidente de Galpón, o servidor está conectado a unha rede de amplo largo de banda e dispón dunha tarxeta (de rede) de 1Gb; a propia máquina sincroniza así a 1Gb sempre que a rede do ISP que nos forneza a conexión o permita.Senón pois a 100 MB como é habitual. O servidor actualízase cos contidos da TDF cada 8 horas, mediante rsync, seguindo as instrucións da (...)
-
Un servidor de réplica galego para LibO
6 de maio do 2011, porXenial! Como coordinador da comunidade galega de LibO quero anunciarvos que temos unha oferta formal para establecer un servidor de réplica para o proxecto LibO. A oferta chégame oficialmente de Galpón(Grupo de Usuarios de LInux de Pontevedra) a través do seu presidente Miguel Bouzada despois dalgunhas conversas informais sobre o asunto a partir da celebración do DFD que tivo lugar en Vigo. Galpón acaba de aprobar en Xunta Directiva ofrecer 20 GB cunha conexión de alta dispoñiblidade e (...)
-
Revisión de inconsistencias
18 de febreiro do 2011, porComo parte das tarefas de coordinación e que vén sendo habitual na xestión do proxecto cando se publica unha versión estable, publicarei un compendio completo da tradución, así como unha memoria de tradución para que poida ser reutilizada pola comunidade. De cara ao rendemento para o propio proxecto tamén é interesante porque grazas ás ferramentas necesarias para producir o compendium e o TMX tamén se realizan certas comprobacións automáticas mediante o Translation Toolkit. Durante a preparación (...)

