Anuncio oficial:
The document Foundation anuncia LibreOffice 3.4.4
LibreOffice estará presente durante a Conferencia Mundial de Software Libre en Zaragoza
Internet, 9 de novembro de 2011 - A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 3.4.4, unha versión mellorada da premiada suite de oficina libre para Windows, Mac e Linux. LibreOffice recentemente gañou o premio InfoWorld BOSSIE 2011 como o mellor software open source, e a Open World Forum Experiment Award como Software Máis-Popular.
Andras Timar, da empresa SUSE, que xestiona o esforzo de localización da LibreOffice, salienta: “Grazas á contribución de Michael Bauer, un voluntario que tomou a longamente abandonada versión en gaélico escocés e produciu unha tradución da interface de usuario completa en apenas uns meses, LibreOffice 3.4. 4 engade aínda outra versión en lingua materna, o que eleva o total a 105. Isto demostra o valor incomparable das licenzas copyleft para o software de usuario final; así é como LibreOffice é agora a suite de oficina máis importante cando se trata de protexer o patrimonio cultural en todo o mundo, especialmente cando o número de falantes nativos non é suficientemente atractivo para as grandes corporacións dedicaren recursos de localización.”
Hoxe, TDF e LibreOffice tamén estará presente na Conferencia Mundial Libre Software (LSWC) en Zaragoza, onde Xesús Corrius - un membro suplente do Consello de Administración TDF - será relator con "TDF: a casa de LibreOffice". LSWC é o máis salientable congreso de software libre en España, e a presenza dun membro do Consello de Administración da TDF é un testemuño dos esforzos que o proxecto está a dedicar ao desenvolvemento dunha grande e diversa comunidade de lingua española, na que cada comunidade en Europa e en América pode crecer dentro dun único proxecto global.
LibreOffice 3.4.4 está dispoñible para descargar desde a seguinte ligazón: http://www.libreoffice.org/download/.
Agora, como novidade tamén, as extensións para LibreOffice están dispoñibles na seguinte ligazón: http://extensions.libreoffice.org/e....
Pódense consultar os cambios e melloras en http://ftp.snt.utwente.nl/pub/softw... (fixed in 3.4.4.1)
e
http://download.documentfoundation.... (fixed in 3.4.4.2).
