Entrada do web > [LibO] LibreOffice > Descargar e instalar > [LibO] Instalar LibreOffice 3.3 en galego

[LibO] Instalar LibreOffice 3.3 en galego

Windows 7

xoves 3 de febreiro do 2011, por Méixome

Primeiro obtemos o programa da páxina oficial

http://gl.libreoffice.org/descarga/

Unha vez descargado, descomprímese e comeza o proceso de instalación propiamente dito.

Como se ve, o asistente de instalación arrinca en castelán xa que aínda que se está instalando sobre Windows 7 coa interface en galego (LIP en galego) isto só é unha careta aparente e non unha verdadeira interface (ao contrario do que sucede en Linux) ... e o software que se instala sábeo. Por iso "recoñece" que o que está de base é un sistema en castelán e así se comporta.

Este aspecto trae inmediatas consecuencias no modo de instalar.

Se seleccionamos a “ Instalación Típica”, entón instalarase exclusivamente en castelán (e inglés) pero non en galego.

É imprescindible escoller a instalación personalizada para que nos dea opción a instalar a versión en galego.

Por outro lado, dado que LibreOffice 3.3 se distribúe para Windows nun único paquete con todos os idiomas sempre poderemos volver a lanzar o proceso de instalación e escoller neste paso o idioma da nosa elección. Non hai ningún outro método (ao contrario do que ofrece OpenOffice.org, para podermos obter un paquete de instalación directamente galego).

Desta maneira tamén, aínda que o sistema de instalación é o mesmo que para OOo.org nunca veremos o instalador en galego.

Nesta imaxe pódese ver que a interface predeterminada de ambas suites comeza a diferenciarse.

Nas vindeiras versións, a diferenza tenderá a radicalizarse moi rapidamente.

PS.

Non nos esquezamos que é necesario ter un contorno ou subsistema Java instalado para que a suite funcione. É o que se chama o JRE (Java Runtime Execution)

Resulta curioso que ao instalar o JRE para LibreOffice apareza esta xanela con publicidade de OpenOffice.org... é evidente que Oracle non quere que se lle escape o control desta xoia do software libre.

Responder a este artigo