A Document Foundation anuncia LibreOffice 3.3.1, a primeira microedición da suite de produtividade de oficina, para mellorar a estabilidade do software e eliminar erros e fallas que afectaban tanto a Windows como a Linux e MacOS. Esta edición tamén trae un novo conxunto de iconas de cores baseadas nas directrices de imaxe de marca da Document Foundationt e inclúe actualizacións a varios idiomas.
Despois da versión 3.3 que constitúe a primeira en ofrecerse como estabel e a resposta altamente positiva dos usuarios, Thorsten Behrens, desenvolvedor e representante no Comité Executivo di que o equipo conseguiu solventar un gran número de erros nun breve período, co fin de manter o compromiso sobre as datas do calendario previsto. Haberá outra edición menor nun mes a partir de agora, antes da vindeira segunda edición estable, prevista para principios de maio, que será a que incorpore novas funcionalidades.
