Entrada do web > Novas e anuncios > [LIbO] Publicada a nova versión ’micro’ 3.3.2 con algunhas melloras

[LIbO] Publicada a nova versión ’micro’ 3.3.2 con algunhas melloras

mércores 23 de marzo do 2011, por Méixome

A Fundación Documento (The Document Foundation) anuncia LibreOffice 3.3.2, a segunda microedición da suite de oficina para produtividade persoal, con melloras na estabilidade do software e os fundamentos da vindeira edición 3.4 que se publicará a mediados de maio.

A comunidade de desenvolvedores foi quen de manter o intenso calendario previsto grazas ao incremento no número de colaboradores, e ao feito de que aqueles que comezaron con pequenas colaboracións en setembro de 2010 están agora facendco traballando en características substanciais. Ademais, case está completado o proceso de limpeza de código, despexando o código de comentarios en alemán e retirando características obsoletas.

Responder a este artigo