A Internet, 1 de xullo, 2011 - The Document Foundation anuncia a publicación da LibreOffice 3.4.1, a segunda versión estábel da nova familia 3.4, enfocada a todos os individuos e empresas. LibreOffice 3.4.1 soluciona varios defectos que afectan á versión anterior, e pode ser implantada con seguranza en produción por parte da maioría de usuarios.
LibreOffice 3.4.1 pódese descargar desde a seguinte páxina do equipo galego http://gl.libreoffice.org/descarga/ ou desde a xeral (en inglés) http://www.libreoffice.org/download/.
Para grandes empresas, con despregues de LibreOffice en centos ou milleiros de PC, aínda se lles recomenda implantar a LibreOffice 3.3.3 , que foi probada durante varios meses por milleiros de usuarios particulares en todo o mundo e encaréceselles daren preferencia a unha versión con maior asistencia técnica profesional.
A Document Foundation, ao recoñecer as necesidades específicas de grandes empresas e usuarios conservadores, decidiu fornecer dúas versións diferentes do software, para satisfacer así tanto as necesidades de usuarios avanzados que buscan as novas funcionalidades como as de usuarios máis prudentes que prefiren a estabilidade antes cá dispoñibilidade de novas funcionalidades.
As versións anunciadas como estábeis poden implantarse con seguranza en entornos de traballo, aínda cando algúns dos posíbeis fallos poidan dificultar funcionalidades particulares mais non teñen impacto sobre a calidade total e a seguranza da produción de documentos.
Ciclo de edicións de LibO

