LibreOffice 3.4.2 para usuarios de empresa
Grazas ao traballo de 300 colaboradores, a nova LibreOffice vén con melloras substanciais
A Internet, agosto 1, 2011 – The Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 3.4.2, a terceira versión da familia 3.4, que se dirixe tanto a individuos particulares coma a empresas. LibreOffice 3.4.2 arranxa a maioría dos máis importantes defectos identificados polos nosos usuarios na versión anterior, e pode ser despregada para as necesidades de produción da maior parte das empresas.
A Fundación Documento anima a todas as grandes organizacións que despregan LibreOffice a facelo en conxunción a provedores de asistencia técnica de pago, que poden valorar os requisitos específicos coidadosamente, axudar a xestionar a migración e fornecer arranxos para as incidencias identificadas. Adquirir asistencia técnica de pago para LibreOffice dun provedor asociado á TDF tamén lles proporciona ás empresas un medio indirecto de contribuír financeiramente co proxecto: ben sexa financiando o desenvolvemento, mellorando a súa estabilidade e acelerando o seu crecemento. Os usuarios deberían sempre ter en conta as referencias das notas de publicación antes de despregar a nova versión.
LibreOffice 3.4.2 é o resultado da actividade combinada de 300 colaboradores que fixeron máis de que 23.000 remisións, o que implica a adición, supresión ou modificación sobre de cinco millóns de liñas de código. A comunidade de desenvolvedores está ben equilibrada entre colaboradores patrocinados por empresas e voluntarios da comunidade independente: Oracle, SUSE, RedHat cada un forneceu arredor dun 25% das remisións con outro 25% proveniente de novos voluntarios da comunidade incorporados o proxecto desde o noso inicio. As remisións restantes proveñen dunha combinación de colaboradores previos á existencia da TDF, desenvolvedores de Canonical e organizacións como Bobiciel, Canonical, CodeThink, Lanedo, SIL, e Tata Consultancy Services.
Se miramos os mesmo datos para desenvolvedores individuais, os 12 maiores remisores desde o inicio de LibreOffice está composto dunha mestura de colaboradores financiados por corporacións (de 4 compañías: Canonical, Oracle, RedHat e SUSE) e un número de colaboradores individuais particulares, o que indica unha situación equilibrada e unha comunidade saudábel.
A "TDF naceu co obxectivo de desenvolver o código de OpenOffice.org para desenvolver unha suite de oficina libre máis limpa e lene e, despois de dez meses, estamos seguros de estarmos no rego de lograr este obxectivo", di Bjoern Michaelsen, un dos catro colaboradores de Canonical, e un membro clave do Comité Executivo de Enxeñaría. "Por suposto, cun esforzo de renovación de código tan grande, somos conscientes dun certo risco sobre o nivel de estabilidade nun período tan curto pero compénsase polas melloras de largo alcance tanto en funcionalidades como en velocidade, e o logro dunha estabilidade aínda maior."
Outras novidades son que o número de colaboradores oficiais da TDF e o de usuarios da LibreOffice está a aumentar. Segundo Youbing Jin, presidente da compañía de software RedFlag2000 “comprácenos ver que a TDF está facéndose cada vez máis forte, e estamos orgullosos ser parte dela."
A comunidade da Document Foundation e da LibreOffice reunirase en París na primeira Conferencia de LibreOffice do 13 ao 15 de 2011 (http://conference.libreoffice.org/). A chamada para presentar colaboracións está aberta ata o 8 de agosto 8, mentres o rexistro pechará a final de setembro.
Malia que a TDF está satisfeita coa 3.4.2, cando se desprega co apoio dun socio apropiado, e pode ser considerada "preparada para a empresa", claramente só se trata dun fito na nosa marcha cara a unha maior estabilidade, coa presentación da 3.4.3, que incorporará máis melloras de estabilidade e arranxos de seguranza a finais de agosto.
LibreOffice 3.4.2 pode ser descargado de http://www.libreoffice.org/download/.
Ou directamente en galego,desde http://gl.libreoffice.org/descarga
