
- Logo de The Document Foundation
The Document Foundation ofrece unha previsualización de tecnoloxía e futuro desenvolvemento do produto
O documento no centro dun contorno amigable cos desenvolvedores
A Internet, novembro 9, 2010 - "The Document Foundation ocúpase dos documentos e do software asociado que é central para crear, trocar, modificar, participar e imprimir documentos", di Thorsten Behrens, un desenvolvedor de software e un membro do secretariado executivo da TDF. "LibreOffice 3.3 é a primeira proba desta estratexia de longo prazo, mais a viaxe acaba de comezar, e as enormes vantaxes do noso contorno que acolle o desenvolvedor non están aínda plenamente reflectidas na vindeira liberación de software".
LibreOffice 3.3 está baseado en OOo 3.3, con optimizacións de código e moitas características novas, que van ofrecer unha primeira previsualización da nova dirección de desenvolvemento para 2011 e alén. Os fundadores da TDF prevén un futuro completamente diferente para o paradigma da suite de oficina, que ten - no formato actual - sobre 20 anos de antigüidade, para basearse no documento (onde o software é unha capa para a creación ou a presentación dos contidos).
Os desenvolvedores da TDF están traballando a toda mecha en mellorar a calidade total do código OOo, que é un bo punto de partida. Facer fácil a comprobación do código e o aseguramento da calidade son unha prioridade. Esta é unha área onde o código, os novos desenvolvedores e os artistas do código, en número crecente a preto de 90 nun só mes, son o instrumento base da actividade.
Ademais, cada módulo individual de LibreOffice estará exposto a unha extensa reescritura; Calc será o primeiro en ser redesenvolvido sobre un novo motor - cuxo código se chama Ixion - que aumentará o rendemento, permitirá auténtica versatilidade e engadirá bases de datos e xestión de macros VBA esperadas durante moito tempo. Writer vai ser mellorado no sentido de mellorar do seu deseño e Impress no de mellorar a fiabilidade da presentación. A maioría das características novas características pretenden manter a compatibilidade coa suite que lidera o mercado de oficina suite ou representarán innovacións radicais. Tamén se mellorará a fidelidade de conversión entre formatos, a liberar de contidos, e reducir dependencia de Java.
"The Document Foundation está chegando ao corazón do universo de Software Libre, onde os usuarios queren construír un futuro diferente para as suites de oficina suites, traballando xunto con desenvolvedores", di Italo Vignoli, un inmigrante dixital, e o membro máis vello da secretaría executiva da TDF. "Os usuarios len, escriben, modifican e comparten documentos, e están centrados en contidos máis ca en características de software. Logo de 20 anos de software orientado ao desenvolvemento de características, agora é o momento de traer o contido ata o centro do foco de usuario".
A casa de The Document Foudation está en http://documentfoundation.org.
A Fundación ten a misión de facilitar a evolución da Comunidade OOo nunha nova, aberta e meritocrática organización nos vindeiros meses. Unha Fundación independente concorda mellor cos valores dos colaboradores, usuarios e patrocinadores, e será unha máis eficaz, eficiente, transparente e inclusiva comunidade. A TDF protexerá os investimentos pretéritos ao construír sobre os logros pasados da súa primeira década e anima a unha ampla participación na Comunidade, e a coordinar a actividade por medio da Comunidade.
