Temos dúas maneiras de instalar OpenOffice.org.
O paquete completo, incluída a tradución
O paquete de recursos de idioma (que se instala sobre o paquete completo orixinal ou noutro idioma, por exemplo en inglés -English (US)-, que sexa a mesma versión estábel) e que inclúe os ’recursos de idioma’ : interface no idioma do paquete lingüístico e corrector.
Hai tamén versións para Mac PPC pero que non son oficiais de Oracle, senón de colaboradores (tardan algo máis en saír) pero poden obterse en
http://download.services.openoffice...
No caso de que xa teña esta versión 3.3.0 de OpenOffice instalada noutro idioma, pode querer dispoñer da versión en galego sen ter que reinstalar de novo. Para iso Oracle e a comunidade galega de localización de OpenOffice.org proporcionamos esta opción que se instala como o propio paquete base sen modificar a súa configuración previa.
| Paquete de idioma galego para a versión 3.3.0 |
|---|
| Windows XP, Vista, W7 |
| Linux 32 bits RPM |
| Linux 32 bits DEB |
| Linux 64 bits RPM |
| Linux 64 bits DEB |
| MacOS -arquit. Intel |
| Solaris -arquit. Intel |
| Solaris -arquit. Sparc |
Proceso de instalación local (Windows)

